domingo, 3 de febrero de 2008

O lugar onde pérdese a memoria.....


As veces os erros son tan frecuentes e tan faltos de todo que deixante cunha cara de parvo que non podes manter durante moito tempo.

Moitas destas veces, sonche os erros pasados, polos que renunciaches a todo por volver comezar e pensar que todo pode cambiar, aínda que logo nada cambia, todo segue igual pero peor.

Como podes avanzar pola vida cunha carga de soidade que non te deixa ver máis ala de onde chegan os teus brazos, tanto que non podo cambiar nada para poder voltar a casa e sentirme de novo compreto, agora mesmo isto é unha situación incontrolabel, a cada paso un novo e máis dificil obstaculo que hai que superar, teño ganas de mandar todo a merda e voltar como voltaron tantos outros antes.

Teño ganas de acabar con todo, poderan mellorar las notas moito pero carecen de significado, cando todo o que rodea é unha merda, cando a xente non sabe o que dí, cando as palabras estan faltas de significado, cando notaste morrer e ninguen fai nada para remedialo, as veces todo vaise a merda nun momento nun abrir e pechar de ollos, as veces preferiria estar en calquer outro lado, traballando para manterme a flote que verme nesta situación na que parece que vou a deriva esperando a chegada do golpe de mar, e ir o fondo.

E unha vez que tocas fondo, non sempre volves a flote.

No hay comentarios: